Thursday 16 de May de 2024

Os Reis Magos recibirán o luns 5 aos nenos e nenas de Brión no polideportivo municipal de Pedrouzos, onde haberá agasallos e un Belén Vivente


O Concello de Brión ten preparada unha gran festa de Reis Magos para o próximo luns 5 de xaneiro. Unha festa que terá lugar a partir das 17:00 horas no pavillón polideportivo municipal de Pedrouzos e na que se agarda a participación de entre 600 e 700 persoas.

A festa comezará ás 17:00 horas, momento no que os Reis Magos farán a súa entrada no pavillón e serán recibidos pola corporación municipal, presidida polo alcalde Xosé Luís García. Despois, todos os pequenos do municipio terán a oportunidade de falar con Melchor, Gaspar e Baltasar, lembrarlles as súas cartas coas peticións para esa noite e levar distintos agasallos e larpeiradas.

Como todos os anos, no pavillón tamén se instalará un Belén Vivente con distintos animais (vacas, burros, ovellas e cabras) traídos para a ocasión polos propios veciños e veciñas de Brión. Canda eles haberá tamén unha representación de artesáns e oficios tradicionais.